Marcos Calveiro: 7 books

Book cover of Settecento
by Marcos Calveiro
Language: Galician
Release Date: May 7, 2013

O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido....
Book cover of Festina lente
by Marcos Calveiro
Language: Galician
Release Date: November 20, 2013

Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da...
Book cover of Palabras de auga
by Marcos Calveiro
Language: Galician
Release Date: February 18, 2014

O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou...
Book cover of La senda de las hormigas
by Marcos Calveiro
Language: Spanish
Release Date: March 31, 2016

El chamán Mkebe ordenó a todos los miembros del clan de los Wakati, de la tribu de los Kimba, que abandonasen el país Lomba, con la esperanza de encontrar una tierra mejor. Desde entonces, hombres y mujeres caminan bajo un sol abrasador, como hormigas por la sabana polvorienta, sin saber qué les puede deparar el futuro.
Book cover of O pintor do sombreiro de malvas
by Marcos Calveiro
Language: Galician
Release Date: January 2, 2015

Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable,...
Book cover of Todos somos
by Marcos Calveiro
Language: Galician
Release Date: January 19, 2017

Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo. As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da desaparición de Natalia, compañeira...
Book cover of As palabras poden matar
by Marcos Calveiro
Language: Galician
Release Date: February 12, 2015

Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo...
We use our own "cookies" and third party cookies to improve services and to see statistical information. By using this website, you agree to our Privacy Policy